Alexa

Camiñaba polas rúas de San Juan de Puerto Rico coas medias rachadas, unha saia curta e unha vella toalla coa que envolvía o cabelo. Chamábase Alexa: muller trans, pobre e negra. Vivía na rúa e tiña 28 anos. Na tarde do domingo, o seu nome e as súas fotos fixéronse virais nas rrss da illa … Seguir lendo Alexa

A música en “O vixía no centeo”

Teño as miñas rarezas, ben o sei. Algunhas non son como para presumir delas, mais hai outras máis fáciles de desculpar. O vixía no centeo é unha delas. Lin este libro por vez primeira aos catorce anos, como lectura obrigatoria en primeiro de B.U.P. Deste entón conservo a liturxia de lelo de novo cada Nadal, … Seguir lendo A música en “O vixía no centeo”

360 graos: López-Tavernier-Pennac-López

Coñecín a Xabier López no 2013, cando aínda asinaba os libros cun dobre López. Ambos fomos premiados en San Simón, na festa de Xerais, el pola súa novela Cadeas e eu con O castañeiro de Abril. Xa choveu. Desde aquela mantemos unha boa amizade que regamos, talvez non coa frecuencia debida, cunhas cañas periódicas no … Seguir lendo 360 graos: López-Tavernier-Pennac-López

11 razóns para viaxar [musicalmente] a Islandia

A Islandia –coma a Santo André de Teixido –recoméndase ir de vivo, porque senón irás de morto convertida nunha foca ou nun bacallau. Mais como entendo que non é sinxelo desprazarse até ese penedo ártico, partillo aquí –a xeito de bula que atenúe a nosa penitencia –once formas de viaxar até aló musicalmente. Son os … Seguir lendo 11 razóns para viaxar [musicalmente] a Islandia

“Quíxente tanto, meniña” (Cantiga de rancor e adrenalina)

Aproveitando que celebramos, un ano máis, o Día das Letras Galegas en conmemoración da publicación en 1863 da primeira edición de Cantares Gallegos, quero aportar a miña análise histórico-literaria dun dos poemas contidos en devandito libro, concretamente o "Quíxenche tanto, meniña". Este estudo que hoxe partillo co mundo é o resultado dun longo, custoso e … Seguir lendo “Quíxente tanto, meniña” (Cantiga de rancor e adrenalina)

Hayao, Agustín e un señor de Providence

Un día déuseme por escribir unha novela chamada Querido H. P. Lovecraft. Non era este título unha declaración de intencións, xa que non son un seareiro apaixonado do vate de Providence. Con todo, é innegábel que este señor -racista, puritano, misóxino- engadiu ao terror novas marcas de xénero que despois se repetiron, unha e outra … Seguir lendo Hayao, Agustín e un señor de Providence