Homenaxe a Ramiro Fonte

Tiña pendente gardar no blogue o texto que lin durante a homenaxe a Ramiro Fonte, organizada polo Ateneo Eumés Fernán Martís e celebrada na praza do Convento de Pontedeume o 31 de xullo de 2021. Participei neste acto xunta a Manuel Bragado, Darío Xohán Cabana, Miguel Anxo Fernán Vello, Emma Pedreira, Xulio Valcárcel e Eva … Seguir lendo Homenaxe a Ramiro Fonte

Dous paraísos moi afastados

Quixo onte a casualidade que acabase as dúas series que estaba vendo: The Durrells e The Serpent. No caso da primeira, narra de xeito libre os catro anos que a familia Durrell pasou en Corfú, antes de que o estoupido da Segunda Guerra Mundial a obrigase a retornar a Inglaterra. A serie é unha celebración … Seguir lendo Dous paraísos moi afastados

Grazas a Inditex A Coruña é menos paleta

O xigante da moda xerou unha onda de estupidez premium que mellorou a calidade do postureo coruñés. Dun tempo a esta parte todos os camiños da Coruña conducen a Inditex. Por que abren bares que realmente son escenarios de Instagram? Por que as inmobiliarias especulan aínda máis cos alugueiros dos pisos? Por que se oe … Seguir lendo Grazas a Inditex A Coruña é menos paleta

O conto da princesa Kaguya

Aproveitando a barra libre de Ghibli en Netflix, aproveitei para revisionar O conto da Princesa Kaguya, derradeira obra de Isao Takahata. Para este filme, que tardou uns oito anos en se realizar, creouse un estudio aparte, xa que se traballaba baixo unha nova forma de produción. Foi un auténtico fracaso comercial, o que lle ocasionou … Seguir lendo O conto da princesa Kaguya