O xigante da moda xerou unha onda de estupidez premium que mellorou a calidade do postureo coruñés. Dun tempo a esta parte todos os camiños da Coruña conducen a Inditex. Por que abren bares que realmente son escenarios de Instagram? Por que as inmobiliarias especulan aínda máis cos alugueiros dos pisos? Por que se oe … Seguir lendo Grazas a Inditex A Coruña é menos paleta
Autor: Antonio M. Fraga
a cor do leite
Hai tempo que lle debo unhas liñas á novela A cor do leite, da escritora británica Nell Leyshon. Malia ser unha obra do 2012, non chegou até as miñas mans este ano, despois dunha entusiasta recomendación. Mary é unha granxeira de quince anos na Inglaterra de 1830. Mary e mais as súas tres irmás viven … Seguir lendo a cor do leite
Sopas New Campbell
Que necesidade temos de propostas que nos soprendan! De libros que xoguen con nós, que nos busquen as dobras. Iso é máis é o que conseguiu comigo este Sopas New Campbell de Teresa Moure, marabillosamente editado pola editorial Cuarto de Inverno. A idea de partida da novela é xa unha salva de advertencia: Nádia transporta … Seguir lendo Sopas New Campbell
Rancho
Dígolle: «non a subas á chalana, ho»; e el veña a me pasar a man polo lombo, esa man fina que ten o Xabier, que para algo é o fillo do boticario e estuda en Compostela; e veña a lle chiscar sen disimulo o ollo á rapaza «Que foi, Rancho? Cantas veces dobraches xa hoxe … Seguir lendo Rancho
Os bombóns de Guinness
Hai dous anos, máis ou menos por estas datas, entraron roubar na casa. Un venres fomos de festival a Caldas e o sábado, despois de xantar en Oza na casa de Emma Pedreira, retornamos a Monte Alto. Ao entrar no edifico decatámonos de que o ascensor non funcionaba. Pouco despois, baixaron polas escaleiras dous homes, … Seguir lendo Os bombóns de Guinness
Atlas da empanada
Hai uns días pedín en Twitter que me propuxesen sitios onde fan boas empanadas, así como algunhas características das mesmas (masa, recheo, etc). O que comezou como unha brincadeira acabou cunha manchea de propostas que fun recollendo nun documento excel. Mais por que ficar aí? Decidín aproveitar toda esa información para elaborar este Atlas da … Seguir lendo Atlas da empanada
O conto da princesa Kaguya
Aproveitando a barra libre de Ghibli en Netflix, aproveitei para revisionar O conto da Princesa Kaguya, derradeira obra de Isao Takahata. Para este filme, que tardou uns oito anos en se realizar, creouse un estudio aparte, xa que se traballaba baixo unha nova forma de produción. Foi un auténtico fracaso comercial, o que lle ocasionou … Seguir lendo O conto da princesa Kaguya
Alexa
Camiñaba polas rúas de San Juan de Puerto Rico coas medias rachadas, unha saia curta e unha vella toalla coa que envolvía o cabelo. Chamábase Alexa: muller trans, pobre e negra. Vivía na rúa e tiña 28 anos. Na tarde do domingo, o seu nome e as súas fotos fixéronse virais nas rrss da illa … Seguir lendo Alexa
A música en “O vixía no centeo”
Teño as miñas rarezas, ben o sei. Algunhas non son como para presumir delas, mais hai outras máis fáciles de desculpar. O vixía no centeo é unha delas. Lin este libro por vez primeira aos catorce anos, como lectura obrigatoria en primeiro de B.U.P. Deste entón conservo a liturxia de lelo de novo cada Nadal, … Seguir lendo A música en “O vixía no centeo”
A nosa señora de ferro
Despois do acontecido esta fin de semana, pedíame o corpo escribir unhas liñas neste irregular diario vital. Póñovos en antecedentes: vivo cunha nena que, cal Greta Thunberg de 5 meses, odia viaxar en coche. O caso é que nos desprazamos a Pontedeume cada fin de semana para visitar a familia. Despois de non poucas tentativas … Seguir lendo A nosa señora de ferro