Kate of Easttown

Cando Titanic gañou o Oscar á mellor película en 1997, o idolatrado Antonio Gasset referiuse a ela como “la película de la chica gorda que se hunde en un barco”. De todos os lugares onde o vate cinéfilo podía poñer o foco para criticar o premio daquela mastodóntica produción, decidiu facelo no físico de Kate Winslet, a actriz protagonista. A min, que algo sei de problemas de sobrepeso, custábame adiviñar por que se sinalaba como gorda aquela rapaza. A resposta é sinxela: o corpo das mulleres exerce de permanente campo de debate, e calquera que se afaste minimamente dese canon establecido, próximo á enfermidade, será xulgada.

Ao longo da súa carreira Kate Winslet agasallounos con grandísimos papeis polos que apañou numerosos premios: foi a Ophelia do Hamlet de Branagh, Hester Wallace en Enigma, Sylvia Llewelyn Davies en Finding Neverland, Tula en Romance & Cigarettes (xunto xs marabillosxs Sarandon e Gandolfini), Hanna Schmitz en The Reader, April en Revolutionary Road (o seu reencontro con Di Caprio), Nancy na arrepiante Carnage de Polanski, ou Mary Anning, a nai da antropoloxía, en Ammonite.

Ammonite, de Francis Lee

Este ano é protagonista da mini-serie de HBO Mare of Easttown, onde encarna unha policía dunha viliña de Pensilvania que ten que investigar o asasinato dunha moza mentres lida coa descomposición da súa vida persoal, marcada polo suicidio dun fillo. Fai Winslet un papel sublime, marcado pola contención e a sinceridade, sen ningún adobío innecesario (na antítese, por exemplo, da June Osborne de Elisabeth Moss). Pois de novo, con 45 anos, o físico volve capitalizar o debate arredor da serie ao coñecerse que a actriz se opuxo ao retoque dixital do seu corpo, o que lle custou un agre enfrontamento co director da serie. Engurras que desaparecían nos pósters promocionais, barriga retocada na única escena sexual da serie e mesmo unha loita co equipo de vestiario para poder usar a roupa que vestiría a persoa á que trataba de dar vida, por riba de se lle facían un cu demasiado grande ou lle marcaba a barriga.

É realmente unha mágoa que este debate eclipse unha serie realmente notable, chea de arestas, que alén da investigación policial debulla as relacións familiares e disecciona o concepto de familia tradiciónal.

Mare of Easttown, de Brad Ingelsby

P.S. Do feito de que a meirande parte da ficción policial xire arredor do asasinato dunha muller desexo falar outro día. E nese debate farei autocrítica, pois unha das miñas novelas parte da mesma premisa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s