Grazas a Inditex A Coruña é menos paleta

O xigante da moda xerou unha onda de estupidez premium que mellorou a calidade do postureo coruñés.

Dun tempo a esta parte todos os camiños da Coruña conducen a Inditex. Por que abren bares que realmente son escenarios de Instagram? Por que as inmobiliarias especulan aínda máis cos alugueiros dos pisos? Por que se oe tanta xente falando inglés se os emigrantes non retornaron? Por que algúns empresarios facturan millóns de euros mentres aumenta a precariedade? Por que a xente viste toda igual coma se a sacasen dun catálogo? Estas preguntas pódense alongar até o infinito. A resposta é sempre a mesma: “E polo capitalismo, estúpido!”

Estilo Amish-pintor

Si, o xigante da moda mudou totalmente a cidade. «A Coruña é máis cool e menos paleta. Quitouse ese aire provinciano de merda que teñen da Pasaxe para alá», sostén o economista Arteriancio Saecinemas. «Na praza de Lugo xa non cheira a parrocha, cheira a modernidade», apunta Ano Xacobeez, profesor titular da UDC e adorador oficial de Zara.

A empresa non facilita información segmentada dos seus na Coruña e Arteixo (pueblo de la paila), correa de transmisión de todos estes cambios. Estímase que nestas áreas traballa un lote de xente. Os seus salarios son moi superiores ao teu, sucio mortal. Resulta complicado establecer unha media. Mais, así a ollo, dos 3000 € pasan.

Ademais, na firma búscase un traballador cualificado, que domina o inglés e sen problemas de mobilidade. É dicir, coma a mocidade que de aquí emigra.

O exemplo máis evidente atópase na hostalaría. Cando a burbulla inmobiliaria picou, eses miles de albaneis que ficaron no paro puxéronse a abrir bares de deseño coas liquidacións, pois sabían que “lo iban petar, chorbo!”. O resultado? Un catapún de locais cuxo deseño se inspiraba nas cidades internacionais (Nova Iorque, París, Soria…). Os que lles gustaban a esa xente-de-mundo-non-coma-nós-pailáns.

«Alguén podía imaxinar hai dez anos a Franxa ou a Estrela así? Se por alí non pasaba nin un alma e só se podía comer raxo e tortilla!», pregúntase o experto en modas e varianzas Chemita Guerra.

Luis Zahera en guapo

En Juan Flórez pódese ver todas as mañás persoas de todas la nacionalidades diante do Hotel Histeria. Agardan polo bus da empresa que os levará a Sabón. Son xente elegante, aseada e duchada, que len Jotdown en móbiles e tabletas caras como o demo. Nada que ver cos farrapentos que agardan os buses noutros barrios da periferia.

Se poñemos todo enriba levamos menos na maleta hahaha

Outra forma de estar na rúa

Na Coruña, unha cidade capital do postureo, as propostas de Inditex encaixaron como anel no dedo. Nos últimos anos flipas. Na praza de Lugo subtituiuse a cooliflor polo cool a secas. A xente dese trazo maniféstase aí. Gabardinas cando non chove. Bicicletas na man. Pantalóns de chándal con zapatos sen ser heroinómano. Lentes de sol cando chove. E, sobre todo, moita repunancia

Escarranchado con bigote

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s