Sopas New Campbell

Que necesidade temos de propostas que nos soprendan! De libros que xoguen con nós, que nos busquen as dobras. Iso é máis é o que conseguiu comigo este Sopas New Campbell de Teresa Moure, marabillosamente editado pola editorial Cuarto de Inverno.

A idea de partida da novela é xa unha salva de advertencia: Nádia transporta armarios nunha carreta onde agroman elefantes, de moi diversos tipos e tamaños, como materialización metafórica das nosas culpas. A partir desta premisa, Moure xoga a construír un texto que peneira delirio e reflexión a partes iguais, sempre entretido e magnificamente construído até conformar un crebacabezas de múltiples solucións no que o lectorado debe elixir o seu grao de dificultade. Estas distintas capas de lectura conxungan o disparate surrealista coa reflexión sobre a culpa e unha análise ácida das distintas relacións humanas.

Mais non é só iso. O letraferidismo obsesivo, a doenza mental ou o feminismo forman tamén parte dunha sopa que ten os elefantes como ingredientes principais, “uns animais gordos e voraces que piden sempre de comer”, segundo palabras da súa autora.

Sopas New Campbell pecha a “triloxía dos Elefantes”, xunto con Um elefante no armário (Através Editora) e Não tenho culpa de viver (Chan da pólvora), todo un xogo performático e metaliterario onde mesmo se dilúen as autorías.

Gustoume moito esta proposta de Cuarto de Inverno que, devagariño, está conformando un catálogo variado e cheo de interese.

Unha opinión sobre “Sopas New Campbell

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s