Rancho

Dígolle: «non a subas á chalana, ho»; e el veña a me pasar a man polo lombo, esa man fina que ten o Xabier, que para algo é o fillo do boticario e estuda en Compostela; e veña a lle chiscar sen disimulo o ollo á rapaza «Que foi, Rancho? Cantas veces dobraches xa hoxe ese pano? Dez, cen, mil?» E veña a rirse e a falarme con sorna. «Ranchiño, toma un peso e vai xunta Flora mercar uns caramelos». E dáme a moeda mentres prende un pito moi oufano. Eu gardo o peso e dobro-desdobro-dobro o meu pano, que nunca fica ao

chalana Juan Requena Leyva
Chalana, de Juan Requena Leyva

xeito. Chóranme os ollos e véxoos borrosos aos dous. Ela é fermosa, e viste unha saia branca e curta que amosa  as súas pernas longas, morenas, brillantes. «Non subas a rapaza á chalana, ho!»; «Vai ao carallo, Rancho! Que che deu? Seica estás celoso? Gústache a rapaza, eh, galopín?» Nin caso fai. Axuda primeiro á moza a subir ao bote e logo vai el. Eu calo a boca e dobro-desdobro-dobro, que a misa non é polo meu defunto. O Xabier voga até o medio da ría, e no peirao óuvese o balbordo feliz da parella. Volven despois dun bocadiño e soben outra vez a terra. Ambos os dous locen unha franxa de pintura azul no cu. A rapaza, alporizada e chorosa, bérralle ao Xabier. Dobro-desdobro-dobro. «Non subas a rapaza á chalana, ho! Que acaban de lle pintar a chopa e mais o banco de meo».

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s